miércoles, 26 de diciembre de 2012

Fonación, palabra e escritura, pensamento poético, de Antonio Gamoneda


Editorial Trifolium publica o ensaio Fonación, palabra e escritura, pensamento poético, unha obra do poeta Antonio Gamoneda, traducida ao galego por Begoña Combo Castro.




Tratase dunha obra inédita que ve a luz en galego, antes que en calquera outra lingoa, por expreso desexo do autor, que elixiu a colección Musa pedestris, de Trifolium, para a súa publicación.

Sinopse
No ensaio, o autor descifra as constantes e diversas interrogacións sobre o valor xerminal que poida ter para o pensamento, en particular para o pensamento poético, o feito de que o primate empeñouse en ser home e, a partir de certo momento, o determinante maior da súa humanidade non foi outro que a aparición na súa vida da lingoaxe.

Autor
Antonio Gamoneda naceu en Oviedo en 1931. A súa obra, dunha forza excepcional, é recoñecida como unha das grandes voces da poesía española actual. Dende neno reside en León, cidade onde ten desenvolvido un amplio labor cultural. A súa infancia está marcada por unha vivencia da pobreza, a represión e a morte, que vai ser recorrente en toda a súa poesía. Tras unha brevísima e limitada aprendizaxe académica, traballa como recadeiro no Banco Mercantil de León; foi funcionario da Deputación e xerente da Fundación Sierra-Pampley, entidade nacida baixo a tutela de Francisco Giner de los Ríos, Gumersindo de Azcárate e Manuel Bartolomé Cossío.
Neste período xorden os seus primeiros poemarios: La tierra y los labios (1947-1953), Sublevación inmóvil (1960), Exentos I (1959-1960), Blues castellano (1961-1966) e Exentos II (1963-1970).
Descripción de la memoria (1977) marca un xiro cara á súa madurez poética, para publicar posteriormente Lápidas (1987), Edad (1987) e Libro del frío (1992), que o consagra como un dos poetas máis importantes do panorama literario español. Outras obras importantes son Arden las pérdidas (2003), Cecilia (2004) e Esta luz: poesía reunida 1947-2004 (2004).
Foi Premio Castilla y León de las Letras (1985), Premio Nacional de Poesía (1988), Premio de Cultura de la Comunidad de Madrid. Literatura (2004), Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2006) e Premio Cervantes (2006).

Ficha técnica
Título: Fonación, palabra e escritura, pensamento poético
Autor: Antonio Gamoneda
Tradución: Begoña Castro Combo
ISBN: 978-84-940297-5-2
Páxs.: 74
PVP: 12,00 €

Títulos publicados na colección Musa Pedestris
A                  José Luis L. Aranguren: O ocio e a diversión na cidade
B                  Felipe Alaiz: Arte de escribir sen arte
C                  Bertrand Russell: Eloxio da ociosidade
D                  Noam Chomsky e Michel Foucault:  A natureza humana: xustiza versus poder
E                  Paul Lafargue: O dereito á preguiza
F                  Bertrand Russell: Por que non son cristián
G                  Marcel Proust: Sobre a lectura seguido de Días de lectura
H                  José Luis Sampedro: O mercado e a globalización
I                   Robert L. Stevenson : Apoloxía dos ociosos
L                   Federico Mayor Zaragoza: Delito de silencio      
M                Jonathan Swift: Unha humilde proposta
N                  Antonio Gamoneda: Estética e temporalización do Camiño Xacobeo
Ñ                  Antonio Gamoneda : Fonación, palabra e escritura, pensamento poético

No hay comentarios:

Publicar un comentario